QUEREMOS ABRIR O APETITO POLA LECTURA

E para iso, mostrarémosvos aquí as nosas suxestións de cociña, un menú mensual con recomendacións para todos os gustos: para cando só apetece picar un pouco, para fartarse de historias, para alimentar coñecementos e o pensamento crítico, para repousar despois da fartura....

CADA MES, ENTRE OUTRAS NOVAS, PUBLICAREMOS AQUÍ AS NOSAS SUXESTIÓNS DE COCIÑA
e, por suposto, lembrade que sempre podedes acceder ao noso catálogo completo, para os/as que preferen ler á carta...

ver catálogo da biblioteca
Que agora sí, por fin, está completo e á vosa enteira disposición


viernes, 9 de julio de 2010

PENURIA DAS CONEXIÓNS

Queridas e queridos, temos dificultades técnicas de difícil comprensión a estas alturas, segunda década do século XXI.

As conexións de Internet Rural, pola rede Tam Tam da Deputación de Ourense, non nos permiten desde a biblioteca acceder ao blog.

Suplímolo con vontade e imaxinación, pero esta é a razón de que non vos teñamos actualizados os menús.

Este é o tipo de entradas que agradecen os vosos comentarios. ¿Hai alguén aí?

1 comentario:

  1. Hai alguén de vez en cando, que a información fresquiña sempre se agradece.

    Como dirían por aí, As conexións van a "500 cans",e varios mega...goen...

    Saúdos ,
    Juanjo

    ResponderEliminar