QUEREMOS ABRIR O APETITO POLA LECTURA

E para iso, mostrarémosvos aquí as nosas suxestións de cociña, un menú mensual con recomendacións para todos os gustos: para cando só apetece picar un pouco, para fartarse de historias, para alimentar coñecementos e o pensamento crítico, para repousar despois da fartura....

CADA MES, ENTRE OUTRAS NOVAS, PUBLICAREMOS AQUÍ AS NOSAS SUXESTIÓNS DE COCIÑA
e, por suposto, lembrade que sempre podedes acceder ao noso catálogo completo, para os/as que preferen ler á carta...

ver catálogo da biblioteca
Que agora sí, por fin, está completo e á vosa enteira disposición


viernes, 9 de octubre de 2009

NOVO INTERCAMBIO DE LIBROS

O vindeiro 24 de Outubro, Sábado, celébrase o Día da Biblioteca, así que en Parada propoñémosvos que reservedes ese día (ou o seguinte, Domingo) para facernos unha visita, pero desta vez, teredes que vir á biblioteca con libros baixo o brazo: facemos un novo troco de libros. Traedes os que xa non leades ou os que consideredes que deben saír do voso andel para andar mundo, e cambiádelos por outros.
Ante a crise, intercambio.

Podedes vir, como todas as fins de semana, de 10 a 14:30 pola mañá e de 16 a 19 pola tarde.

Para todas e todos, nenos, adultas e anciáns.

2 comentarios:

  1. Dende Biblioteca do Manuel Rivero, un saúdo. Quédanos un pouco lonxe para asistir ao intercambio pero estaremos virtualmente.

    A Ravertiña

    ResponderEliminar
  2. Dende Lalín moito ánimo. Non poderemos estar, pero acompañámosvos virtualmente.

    Un saúdo

    ResponderEliminar