Entremeses
34 burros e 343 pedras para James Sacré, Coordenado por Celso Fdez. Sanmartín (2003). A ver como o presentamos. Recolle un proxecto interxeneracional precioso, dese
nvolto en Lalín, onde nenos e nenas de educación infantil desfrutan na residencia de anciáns debuxando xuntos, recibindo os poemas que James Sacré escrebe para eles, inclúe os debuxos, os poemas, a partitura do grupo Grodan de Flo especial para a ocasión, a memoria da actividade. Un inclasificable de luxo.
Primeiros pratos:Cogomelos de Galicia, J.M.C. MARCOTE, M.POSE, J.M. TRABA, Xunta de Galicia, 2005.
Guía fotográfica de cogomelos, aínda que non chovera aínda, supoñemos que choverá e que poderemos, un ano máis, disfrutar da gastronomía que o noso entorno nos ofrece. Toca coller un cesto e pasear monte, desde a biblioteca poñemos a guía para dúbidas de última hora, o resto poñédelo vós.

A Cociña de Outono. Recetario estacional da cociña galega. PEPE IGLESIAS. Xerais, 1994.
E aquí tedes o libro de receitas para o que veña no cesto. Para iso, ou para outros ingredientes que o outono vai ofrecernos. Que aproveiten (a lectura e o xantar).
Segundos pratosConsumir menos, vivir mejor. TONI LODEIRO. Txalaparta, Tafalla, 2008, 495 pp.
Atención a este libro, unha guía completísima sobre consumo consciente, unha xoia, levádeo a casa e botádelle un ollo. Pensade nel como unha guía mais que como unha lectura máis. Adicado a todas as persoas que decidimos ser parte da solución e non do problema. Ou non veñades por el se non queredes, podedes consultalo desde a casa por internet:
www.nodo50.org/consumirmenosvivirmejor
Seguiremos falando del, agora que imos ter un obradoiro de consumo responsable aquí en Parada. Informarémosvos das datas.
Diario 1921. Francia-Bélxica-Alemaña. CASTELAO. Galaxia- Museo de Pontevedra, 1977.O diario que Castelao escribiu na súa viaxe de xaneiro a novembro de 1921 por Europa. Toda a visión persoal de Castelao sobre as creacións estéticas que atopa, Europa vista con ollos galegos en 1921. Inclúe ilustracións propias e alleas.
SobremesaVeña Carrabouxo! XOSÉ LOIS. Deputación de Ourense, 2009.430 pp.
A ver a quen lle amarga este dóce. Non vos teñen desperdicio, como sempre o carrabouxo. Porque lembrade que rir é a actividade corporal que máis músculos move, a que desintoxica, hidrata e tonifica gratis e sen efectos secundarios.
Menú infantil
A meiga Dona Paz. ANTONIORROBLES. Edicións do Castro, 1980. 93 pp. Recomendámosvos desde aquí este contiño no que ocorren cousas extraordinarias, como que os soldados falen co enemigo e decidan volverse á trincheira a xogar. Un libro que gañou en 1963 o primeiro premio do Comité Anglo-americano pro Nacións Unidas de México, que nunca está de mais que nos contos os enemigos xoguen xuntos . E nunca está de mais repensar a guerra, nin é demasiado cedo para facelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario