QUEREMOS ABRIR O APETITO POLA LECTURA

E para iso, mostrarémosvos aquí as nosas suxestións de cociña, un menú mensual con recomendacións para todos os gustos: para cando só apetece picar un pouco, para fartarse de historias, para alimentar coñecementos e o pensamento crítico, para repousar despois da fartura....

CADA MES, ENTRE OUTRAS NOVAS, PUBLICAREMOS AQUÍ AS NOSAS SUXESTIÓNS DE COCIÑA
e, por suposto, lembrade que sempre podedes acceder ao noso catálogo completo, para os/as que preferen ler á carta...

ver catálogo da biblioteca
Que agora sí, por fin, está completo e á vosa enteira disposición


viernes, 12 de marzo de 2010

Exposición Ruth Mathilda Anderson

¿Que aínda non tivestes tempo de pasar pola Coruña para ver a exposición que xa anunciamos aquí??

A cousa é certamente grave, pero tedes dúas solucións:

a) Acercarvos á Coruña (Está na Fundación Caixa Galicia), porque ten tanta afluencia de público que a prorrogaron ata Abril

b) Acercarvos á biblioteca de Parada, e polo menos poderedes mirar o catálogo a partir da próxima semana.

E é que todo ten remedio

2 comentarios:

  1. hay que traerse Coruña a Parada

    ResponderEliminar
  2. A exposición vai vir tamén a Ourense, pero non exactamente igual a como está na Coruña.

    Vai percorrer todas as provincias pero só coas fotos máis xeneralistas e as propias de cada provincia.

    De todos os xeitos recoméndovos que vaiades a Coruña a vela, e se pode ser con visita guiada mellor, porque é impresionante.

    SAúdos

    ResponderEliminar